Política de Protección de Datos

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS – SUBVENCIÓN PROGRAMA TARXETA BONO SEMPRE CARBALLO

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE CARBALLO, con dirección en PRAZA DO CONCELLO S/N, 15100 – CARBALLO (A CORUÑA); lopd@carballo.gal.

1.- dpo: O Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE CARBALLO é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en lopd@carballo.gal.

2.- finalidade do tratamento: Os datos serán utilizados para facerlle beneficiario da subvención incluída no programa “tarxeta bono sempre Carballo” e para que poida usar dita tarxeta nos comercios adheridos ao programa mencionado, uso empregado sempre segundo as bases publicadas polo CONCELLO DE CARBALLO para esta subvención, as cales poderá consultar no seguinte enderezo: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/24/2020_0000005785.html
O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de inscribirlle na actividade solicitada ó CONCELLO DE CARBALLO. 
Prazo de conservación: os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos e en calquera caso, mentres non houbera transcorrido o prazo de prescripción de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.

3.- lexitimación: O tratamento dos datos solicitados está lexitimado polo disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 6.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos de carácter persoal. Ademais, e en cumprimento do establecido nos artigos 20 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e 8.1.c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia e bo goberno, a información relativa ás subvencións concedidas, alí prevista, será obxecto de publicación segundo se prevé na normativa de aplicación.

4.-destinatarios de cesións: Os datos facilitados poderán ser obxecto de cesión a terceiros para o cumprimento de funcións directamente relacionadas cós fins lexítimos do Responsable de tratamento e, en particular, poderán ser comunicados ás seguintes entidades:
• Abanca Corporación Bancaria, S.A., entidade financeira á cal se lle cederán os seus datos como beneficiario, para a única finalidade de emitir, estampar e gravar as tarxetas, envialas aos beneficiarios e realizar cantos procesos e operacións sexan precisos para a activación e xestión das tarxetas, así como para a tramitación das operacións de pagamento realizadas a través das mesmas. Nesta cesión de datos a Abanca Corporación Bancaria, SA para o tratamento antes descrito, informámoslle que ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos
mesmos fronte Abanca Corporación Bancaria, SA no Servizo de Atención ao Cliente de Abanca, en C/Rúa Nueva 1, Entreplanta, 15.003, A Coruña; ou a través do correo atencioncliente@abanca.com; e de que poderán consultar a información completa sobre o tratamento dos seus datos pola entidade bancaria na súa política de privacidade publicada na web: https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad/.
• Administración Pública Autonómica ou calquera organismo público directamente relacionado coa Administración Pública Local que requira información para dar cumprimento aos requisitos establecido legalmente.
• Forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, servizos de emerxencia, servizos sociais, servizos de saúde e benestar coa finalidade de prestar unha atención integral ós usuarios.
• Órganos xuridiccionáis, en orde a manter unha cooperación e coordinación axeitada coa Administración de Xustiza

5.- dereitos: Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos.

CONCELLO DE CARBALLO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, nas nosas instalacións ou por correo electrónico en lopd@carballo.gal, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.

Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de datos, a través das seguintes vías:

  • Sede electrónica: www.aepd.es
  • Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid
  • Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17