FAQ

Preguntas Frecuentes sobre a Tarxeta-Bono “Sempre Carballo”

É unha tarxeta prepago cargada coun saldo de 30 € para a realización de compras ou pagos nas empresas adheridas ao programa Sempre Carballo, coa que se materializa a axuda que o Concello de Carballo concede para o fomento da reactivación económica local.

As persoas maiores de 18 anos empadroadas en Carballo a data 31 de xullo de 2020 e que presenten a correspondente solicitude de subvención, seguindo as bases para a concesión de axudas para o fomento da reactivación económica local no Concello de Carballo (BOP nº 136 de 24 de agosto de 2020).      

Pódese presentar a solicitude entre o 15 de setembro e o 15 de novembro de 2020.

Poderás facer uso da tarxeta-bono ata o 30 de novembro de 2020.

As solicitudes poden presentarse a través do formulario que atoparás na web  www.semprecarballo.gal

No caso de que o cidadán denegue a autorización para a comprobación dos datos por parte da administración se lle solicitará a documentación necesaria que acredite o cumprimento dos requisitos para acceder á axuda solicitada.

Cada beneficiario recibirá no seu domicilio a tarxeta-bono xunto coas instrucións necesarias para a súa activación. Só se considerarán válidos os domicilios que coincidan cos datos que constan no Padrón Municipal de Habitantes.

O solicitante recibirá mensaxes ao correo electrónico confirmando a presentación da solicitude e posteriormente a validación da mesma antes de recibir a tarxeta no seu domicilio.

A tarxeta-bono pode empregarse para realizar un ou varios pagos nos establecementos adheridos á campaña ata esgotar os 30 € de saldo. No caso de que o gasto realizado supere o saldo dispoñible na tarxeta o beneficiario deberá aportar a diferencia ata completar o custo da compra ou servizo.

A tarxeta-bono poderá utilizarse en calquera das empresas adheridas á campaña. Poderás consultar o listado de empresas na web www.semprecarballo.gal dispoñible a partir do 15 de setembro.

Non, no caso de cambios ou devolucións o importe poderá ser compensado con outra compra ou gasto de igual ou superior valor, asumindo nese caso o beneficiario a diferencia. En ningún caso se devolverá ningún importe en efectivo.