Clausula de cesión de datos a ABANCA
CESIÓN DE DATOS – PROGRAMA TARXETA BONO SEMPRE CARBALLO
O CONCELLO DE CARBALLO, con dirección en PRAZA DO CONCELLO S/N, 15100 – CARBALLO (A CORUÑA); lopd@carballo.gal, lle informa de que cederá a Abanca Corporación Bancaria, S.A. o número de comercio co que o seu TPV estea identificado no servizo de pagos, coa finalidade
de que a entidade financeira poida vincular Tarxetas Bono Sempre Carballo emitidas aos establecementos e aos seus números de comercio cos que os TPVs estean identificados no servizo de pagos e executar as correspondentes operacións de pagamento efectuadas con ditas Tarxetas.
É indispensable que nos autorice a facer a cesión dos datos, anteriormente indicados a Abanca Corporación Bancaria, S.A para poder facerlle partícipe do Programa mencionado e poder ser un dos comercios adheridos ao mesmo.
As condicións do Programa indicado seguirán sempre as directrices publicadas nas bases do mesmo, as cales poderá atopar en: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/24/2020_0000005785.html
Para o tratamento antes descrito, informámoslle que ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos fronte Abanca Corporación Bancaria, SA no Servizo de Atención ao Cliente de Abanca, en C/Rúa Nueva 1, Entreplanta, 15.003, A Coruña; ou a través do correo atencioncliente@abanca.com; e de que poderán consultar a información completa sobre o tratamento dos seus datos pola entidade bancaria na súa política de privacidade publicada na web: https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad/.
Ao facer click na casa de “Acepto a cesión de datos a Abanca Corporación Bancaria, S.A, como entidade colaboradora co CONCELLO DE CARBALLO para a xestión de pagos do programa Tarxetas Bono Sempre Carballo S.A.” consinte vostede de forma expresa dita autorización,
explicada no presente texto.